…de curso en curso…

Cartel vIDEAteHai un mes rematamos no Centro Sociocomunitario de As Pontes o obradoiro de videocreacion vIDÉAte.
Durante 25 horas repartidas en sesión de dúas horas semanas, compartimos cos 15 participantes, o proceso de creación do seu vídeo. Partimos da premisa do cambio como tema central de todos os vídeos, e cada un colleuno e fixoo seu a través da súa idea que plasmou nun vídeo.
Os participantes, sen experiencia previa co audiovisual e con idades comprendidas entre os 30 e os 65 anos, elaboraron a súa peza autónomamente. Coñeceron as posiblidades da linguaxe audiovisual para contar unha historia, compartiron vídeos de referentes de diversa índole, gravaron cunha cámara facilitada por VideodinamizARTE e editaron nos ordenadores do centro e nos seus propios as súas pezas, aprendendo un programa de montaxe.
O resultado son videocreacións persoais, con miradas propias e reflexións individuais que convidan ao espectador a acompañalos no seu proceso e compartir a súa ollada sobre o mundo e os seus cambios. Vídeos que versan sobre a emigración, a inmigración, a toma de decisións, os cambios no procesado dos alimentos, o tempo, as xeracións, converterse en nai, a música….
Todo un mosaico de miradas, pensamentos e sentimentos materializados nun vídeo. Próximamente poderedes ver as súas pezas completas na nosa canle de Youtube.IMG_3046
E seguimos cos cursos! Desta vez para os veciños de Santiago, en colaboración con Aire, centro de arte. Animádevos que comezamos para a semana próxima, tedes uns días para anotarvos. Máis información neste enlace: Reflexos, luces e sombras. Obradoiro de videocreación.
De curso en curso….agora tócache a ti!!!