Ofrecemos obradoiros de videocreación
para grupos, onde os autores dos vídeos son os participantes, pasando por un proceso creativo que crea un produto cultural.
Facilitamos a realización de videocreacións
para visibilizar e difundir os puntos de vista sobre un contido, consensuado cos promotores (empresas, asociacións, fundacións, administración pública, particulares…).
Empregamos os recursos públicos
ou particulares proporcionados polos usuarios (ordenadores). As cámaras poñémolas nós!
Características:
Obradoiros de 30 horas
- Mínimo 10 sesións de 3 horas cada unha
- Duración orientativa: entre 1 mes e medio e 3 meses (segundo a frecuencia das sesións)
- Unha semana de gravación coas cámara de vídeo aportadas por VideodinamizArte
- Edición en ordenadores
Concentrado:
- Mínimo 4 sesións de xornada completa.
- Duración orientativa: 2 fines de semana.
- Unha semana de gravación coas cámaras de vídeo aportadas por VideodinamizArte
- Edición en ordenadores.
Obradoiros de 8 horas
- Unha sesión de xornada completa
- Utilización dos móbiles dos usuarios
Temáticas:
vIDÉAte!
Todxs temos unha historia que compartir. Nós aportamos un fío do que tirar, ti desenvolves o teu punto de vista. Mira e atende ao que queres contar neste momento.
Que precisas contar(te) aquí e agora?
Orientado a: toda persoa interesada en usar o audiovisual como ferramenta creativa e de auto-coñecemento.
CV Oculto
Descubre as túas capacidades e habilidades máis aló da túa formación académica.
Que é o que só ti podes ofrecer?
Orientado a: mozos e mozas que se preparan para acceder ao mercado laboral; persoas desempregadas; asociacións, empresas ou institucións vinculadas a estes colectivos.
Vídeo de vida
Bota unha ollada á túa vida: pasado, presente e futuro.
Como te ves? Como te presentas? Que pegada queres deixar?
Orientado a: persoas interesadas en reflexionar sobre a identidade; colectivos específicos; maiores e mozos en colaboración interxeracional, combinando o envellecemento activo coa aprendizaxe do legado persoal; asociacións, empresas ou institucións vinculadas a estes colectivos.
Responsabilidade Social Corporativa
Achega unha visión diferente da túa empresa.
Que lle ofrece á sociedade? Como o perciben os usuarios?
Orientado a: empresas públicas e privadas.
Vídeos Conciencia Social
Fai oír a túa voz como cidadán activo.
Como ves a túa comunidade? Que podes ofrecer ao teu contorno?
Orientado a: cidadáns particulares interesados; asociacións, empresas ou institucións vinculadas á mocidade ou á participación cidadá en xeral.