Videocreacións para mover emocións

Cando miramos a realidade que nos rodea, cada un de nós ten un punto de vista único e intrasferible. Estamos en relación coa nosa contorna, con ela interactuamos para satisfacer as nosas necesidades na medida do posible: se teño sede, tomarei un vaso de auga; se necesito falar, buscarei alguén a quen contarlle o que me ocorre…

A creatividade é unha necesidade interna que todos temos de base, amosámola en diferentes actividades, dende a cociña ate a roupa coa que nos vestimos, pasando evidentemente polas disciplinas artísticas que nos atraen: música, debuxo, danza… En cada unha destas actividades plasmamos a nosa forma de ser, o noso punto de vista, a nosa autenticidade.

As emocións son fenómenos que puxan por saír do noso interior. De feito, a mesma palabra o di e-movere: mover cara a fóra. Ás veces é difícil contactar con elas, recoñecelas e darlles unha vía de saída. A arte enEspazo exploracion_7 xeral sirve como canle para movelas, para que non queden cristalizadas no noso interior, co cambio que supón todo movemento.

Contactar con esas emocións que nos moven no momento presente e dende aí, co que temos á nosa disposición – a nosa realidade inmediata – poder elaborar ese camiño a través da creación audiovisual é a nosa proposta dende VideodinamizArte.

A través de dinámicas de creatividade que mesturan o audiovisual coa psicoloxía exploraremos o que cada un quere contar, conectando cos intereses, pensamentos, sentimentos, emocións que moven a cada un, como punto de partida para coñecer esa inquedanza que podes plasmar nunha creación.

O audiovisual é unha ferramenta inmediata
, capta dun xeito sinxelo aquelo que vemos, aquelo no que poñemos a nosa atención, permítenos contactar coa nosa realidade dende o noso particular punto de vista, e compartir a nosa mirada cos que nos rodean.
É moitas veces cando vemos o resultado da nosa creación cando nos damos conta do que fixemos, cando apreciamos a nosa pegada nesa obra. Ao observarla, e facelo en compaña dun grupo, recoñecemos partes nosas que a través do acto creativo puxemos fóra, aquelas que queriamos sacar, amosar, comunicar(nos). Hai algo de auto-comunicación en cada un deses actos creativos. Entendemos as videocreacións resultantes do proceso dos obradoiro de VideodinamizArte como unha sorte de mensaxes que nos mandamos a nós mesmos, co simple feito de retratar a nosa realidade.

Este proceso será acompañado e facilitado por unha psicóloga e unha comunicadora audiovisual. Nun só día poderás vivenciar esta experiencia e coñecer as mensaxes que tes gardadas para tí mesmo. Ven mirarte a través do que ves. O 8 de Novembro en Aire, centro de arte, tes o proceso creativo nas túas mans e nos teus ollos. Reserva a túa praza!