Retrata San Sadurniño: son de aquí, miro así
Este obradoiro en formato breve, de oito horas de duración, permitiu aos veciños e veciñas de San Sadurniño, aproximarse ao proceso creativo audiovisual, tomando contacto co que querían retratar do seu espazo.
Participantes:Veciños e veciñas de San Sadurniño interesadxs en amosar as súas vivencias a través da ferramenta audiovisual.
Miradas trasversais. Obradoiro de videocreación
Nesta colaboración co Museo do Pobo Galego achegamos ao público xeral as olladas persoais dos participantes, sempre a través das pezas audiovisuais creadas por eles mesmos a partir das súas experiencias.
Participantes: Adultos interesados en amosar as súas vivencias a través da ferramenta audiovisual.
Urbanismo emocional. Obradoiro de videocreación
Este proxecto vencella aos cidadáns e ao seu contorno urbano a través das emocións. Os espazos comúns para os habitantes das Pontes, son tamén particulares de cada un, xa que as vivencias asociadas enchen de vida e significado a realidade de cada veciño e veciña
Participantes: Veciños e veciñas de As Pontes a partir de 16 anos.
Obradoiro “EmocionArte. Espazo de exploración persoal a través do audiovisual”
Nesta colaboración co Concello de Oleiros, levamos a cabo un obradoiro de videocreación centrado nas emocións e os valores de igualdade de xénero.
Participantes: Toda persoa interesada no desenvolvemento creativo e persoal a través das ferramentas audiovisuais
Obradoiro “Unha nova mirada. Espacio de exploración persoal a través do audiovisual”
Realizado no Centro da Muller Vagalume, orientamos este obradoiro de cara a unha revisión en positivo da historia persoal das mulleres participantes. Dándolles o protagonismo e a voz como narradoras da súa propia realidade, escollida de entre as moitas vivencias da súa historia vital.
Participantes: Mulleres asistentes ao Centro da Muller Vagalume. Grupo pechado.
Obradoiro “Ollando ao barrio: son daquí, miro así”
A realidade inmediata do barrio de Conxo é o contido sobre o que versou este obradoiro. Con participantes veciñxs do lugar, e outrxs que se achegaron a el dándolle a volta ao título, pasando a ser: “son así, miro aquí”.
Participantes: Persoas interesadas en amosar a súa visión do barrio a través da ferramenta audiovisual, a partir dos 16 anos
Proxecto Videocartas: Galiza-Berlín
O proxecto Videocartas Galiza-Berlin está concebido para crear diálogos de emigración entre diferentes xeracións de distintas realidades. As videocartas son a unión perfecta entre todo o bo das misivas e o bo do audiovisual: permítennos comunicar dúas (ou máis) realidades véndoas e escoitándoas.
Participantes: Os autores das pezas audiovisuais son mozos e mozas emigrados actualmente en Berlín, que dialogan cos seus familiares, emigrantes retornados hoxe en Galiza, a través da videocartas.
Obradoiro Reflexos, luces e sombras
Levado a cabo en Aire, centro de arte, durante primeiro trimestre de 2014, neste obradoiro tratamos o tema dos reflexos, luces e sombras, como elementos presentes tanto no proceso de creación audiovisual como no psicolóxico. Exploramos o tema das polaridades a través da videocreación.
Participantes: Adultos interesados en explorar o audiovisual como medio de expresión persoal.
Obradoiro vIDÉAte
Levado a cabo no Centro Sociocomunitario de As Pontes e partindo da premisa do cambio como tema central, os participantes realizaron o proceso de creación do seu vídeo.
Participantes: Veciños e veciñas de As Pontes, entre os 30 e os 65 anos.
Obradoiro Dinamizarte
O primeiro proxecto de VideodinamizArte parte coa idea de achegar a linguaxe audiovisual como medio para a expresión creativa orientada á reflexión e crecemento persoal.
Participantes: Prexubilados da vila de As Pontes
Obradoiro A pegada do tempo
Obradoiro que recolle as olladas persoais d@s veciñ@s de Cotobade sobre o seu contorno e o patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural desta zona. Realizado como material divulgativo para o Punto de Información Virtual do Patrimonio do Concello de Cotobade, a través de Citania Arqueoloxía.
Participantes: Veciños e veciñas de Cotobade