Obradoiro “vIDÉAte. Aulas de Igualdade.”

vIDÉAte. Aulas de Igualdade

Co obxectivo transversal de traballar a creatividade mirando a través da cámara e explorar o fenómeno de mirar e mirar-te, abrimos este obradoiro a todas aquelas ideas que cada un/unha dxs participantes sentira que precisaba contar nese momento. Foi unha oportunidade para ollar cara adentro e expresar e compartir a súa forma de ver o mundo. Poñer en valor as emocións e os espazos de cuidado foi a nosa achega a unha perspectiva igualitaria.

Galería

Vídeos

Verde, marrón, amarelo

  • Autora: Sara Fernández Méndez
  • Sinopse:

Pura Emoción

  • Autora: Noemi Rodríguez
  • Sinopse: En palabras da autora: “Unha viaxe a través de todo aquilo que me emociona: lugares, persoas, palabras, músicas, sabores… Unha homenaxe aos sentidos e ás emocións, por facerme sentir viva. A incerteza do futuro, a busca do seguinte tren ao que subirme”.

Arestora todo latexa, dentro e fóra

  • Autora: Beatriz Pirês Laranjeira
  • Sinopse: Cavas, cavas, cavas, non hai lentura xa…

A túa forza está anunciada

  • Autora: Ana
  • Sinopse:Un percorrido pola vitalidade que agocha a cidade de Ourense

Mi Pueblo, el mundo

  • Autora: Martha López Blanco
  • Sinopse:Un paseo polos espazos que conforman a memoria e a identidade da autora.