VIDEOTERAPIA CREATIVA

COMO A ENTENDEMOS

Poderíamos resumir o obxectivo xeral dos obradoiros de videocreación VideodinamizArte como o achegamento ás potencialidades creativas de cada participante a través da elaboración dunha peza audiovisual, tomando conciencia sobre o feito de que na medida en que miramos e encadramos a nosa realidade, mirámonos e encadrámonos a nós mesmos.

vitruvioVDZ
Dende a perspectiva humanista, percíbese ao ser humano como un todo integrado, de corpo, mente, emocións e espíritu, que tende cara a auto-realización.

O acto de creación é unha necesidade tan básica como respirar. Todos somos creativos e sentímonos impulsados a crear, xa que a creatividade é unha celebración da nosa propia grandeza como seres capaces de xerar algo único, persoal e intransferible, algo auténticamente noso.

A arte é unha expresión dunha realización humana. Na medida en que o proceso creativo é unha vía para a resolución e integración de conflictos internos, é terapéutico por sí mesmo.

Concebimos a terapia como unha ferramenta de auto-coñecemento e desenvolvemento persoal, non ligada por defecto ao concepto de enfermidade.

O encontro terapéutico e máis concretamente o proposto dende unha vertente artística, é considerado como o desenvolvemento dos aspectos saludables da persona para vivenciar estados de plenitude a través do proceso creativo.
O audiovisual é considerado dende a nosa perspectiva como un medio de expresión con moito potencial, á altura doutras expresións artísticas e asequible, gracias ao avance tecnolóxico e á democratización do medio.

Asociación Española de Videoterapia. aVERTe.

A Asociación Española de Videoterapia aVERTe, á que VideodinamizArte pertence dende o 2012, comeza a súa andaina no ano 2009 cun obxectivo claro: promover o intercambio, a formación e a documentación no ámbito dos medios audiovisuais aplicados á axuda terapéutica e social de profesionais da terapia, a educación, a axuda social e campos afíns.

Dende aVERTe preténdese crear un espazo común onde poidan confluir e darse a coñecer as distintas técnicas, tratamentos, investigacións e traballos que se realicen no ámbito da videoterapia a nivel nacional e internacional. VideodinamizArte integra a súa proposta con outros modos de poñer en relación o video e a psicoloxía.

As nosas compañeiras na asociación:

  • Olga Rueda: Psicóloga, psicoterapeuta e realizadora de televisión, é impulsora da iniciativa, e desenvolve o seu traballo a través do centro Espacio Interno, que dirixe e onde fai interesantes propostas en torno ao seu tema de investigación principal: Técnicas subxectivas de videoterapia e cineterapia. Olga, propón o uso do video para ampliar a mirada, tanto interna como externa, acompañando aos participantes no seu proceso de autocoñecemento de cara á construcción de sí mesmo.
  • Ana Mª Mampaso: Profesora na Universidade Autónoma de Madrid no Departamento de Educación Artística, Plástica y Visual, cunha extensa traxectoria académica e investigadora no ámbito da arteterapia.
  • Isabel Pérez: Outra das socias fundadoras da asociación, licenciada en Belas Artes, que está a desenvolver o seu traballo vinculado ao autismo dentro da liña de investigación “Aplicacións da arte na integración social, arte, terapia e educación na diversidade” da UAM, así como poñendo en marcha o Centro de Desenvolvemento e Creatividade Creare.
  • Nerea Rodríguez: Arteterapeuta, en 2010 publicou “Historias Personales. Doble mirada de la parálisis cerebral a travé de la imagen de vídeo”, traballo enmarcado no Máster de Artes Visuais e Multimedia da Universidad Politécnica de Valencia. Traballa, como o resto das compañeiras nesta liña que aúna a psicoloxía e o audiovisual.
  • María Morales Valverde: Psicóloga e psicoterapeuta de orientación gestáltica, que dirixe o Equipo Centro en Madrid.