Aproximación á creación audiovisual como ferramenta de intervención psicolóxica
VideodinamizArte ofrece o próximo sábado 13 de xuño, no Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia unha aproximación á creación audiovisual como ferramenta de intervención psicolóxica. Será unha xornada de 8 horas, onde a través dunha abordaxe práctica e participativa experimentaremos coas posibilidades do medio audiovisual para traballar con diferentes colectivos.
Dende as premisas de VideodinamizArte participaremos como axentes activos, postulándonos como autores responsables da nosa creación e atravesando o proceso creativo, que é tan importante como o resultado final. Na medida en que miramos e encadramos a nosa realidade máis inmediata, mirámonos e encadrámonos a nós mesmos, aportando aos demáis e a nós mesmos o noso punto de vista persoal en intransferible. A expresión persoal, o feito de compartir algo que forma parte do noso punto de vista particular danos a posibilidade de elexir o que queremos comunicar, de darnos conta de onde poñemos a nosa atención respecto ao que nos rodea.
A inscrición está aberta e neste link podedes atopar máis información.