Encontro con profesionais en Madrid

Olga Rueda dirixe en Madrid o Centro EspacioInterno, onde se ofertan servizos de psicoterapia Gestalt, videoterapia, terapia individual e en grupos, contelacións familiares e formación e supervisión de profesionais. Coñecímonos hai tempo nun encontro de Averte, a Asociación de Videoterapia Española, que ele preside.
Este curso levarase a cabo en EspacioInterno o I Ciclo: Encuentro con Profesionales 2013-2014, encontros con profesionais para compartir metodoloxía audiovisual aplicada o apoio terapéutico, e VideodinamizARTE somos as primeiras convidadas. Terá lugar o sábado 9 de Novembro na sede do centro, en horario de 10 a 20 horas, cun prezo de 90 euros e está dirixido a psicólogos, educadores, terapeutas e traballadores sociais. Compartiremos cos participantes a metodoloxía de traballo dos nosos obradoiros, resaltando os aspectos diferenciadores: a atención o proceso creativo como parte primordial da nosa forma de traballar, achegar a ferramenta audiovisual como canle de expresión persoal e a atención a mirada como forma de re-crear a ralidade. Realizaremos dinámicas de experimentación para exemplificar o noso método de traballo e visualizaremos algunhas das pezas audiovisuais obtidas nos obradoiros realizados. Tamén se pretende abrir un espazo de reflexión e encontros cos participantes para compartir diferentes experiencias.
Máis información e inscricións na páxina de EspacioInterno: www.espaciointerno.net
cropped-phillip-schumacher-copia1