Novo obradoiro en Santiago

Cartel aire final(1)Comezamos o ano cunha nova proposta esta vez en Santiago de Compostela, trátase do obradoiro de videocreación que leva por título REFLEXOS, LUCES E SOMBRAS.
E por qué este nome? Pois porque dende a unión de disciplinas que o noso proxecto propón, empregaremos a ferramenta do audiovisual para tratar o tema dos reflexos, luces e sombras, como elementos presentes tanto no proceso de creación audiovisual como no psicolóxico.

Así as proxecións, a sombra e o polo oposto: a luz, sirven como metáfora de realidades internas que nos levan a poñer atención no tema das polaridades.
A vida baséase nun sistema de opostos, non coñeceríamos a valentía sen ter coñecido o medo, a felicidad sen a tristeza, ou a luz sen a oscuridade.A medida que medramos, imos identificándonos con cualidades que pertencen a un dos polos, relegando á zona de sombra potencialidades que nos poden facer falla nun determinado momento. Explorar o outro polo, e flexibilizar o percorrido dentro de esa polaridade apuntando cara unha integración é a intención de abordar este tema no noso obradoiro.

Como todas as nosas propostas, os participantes serán autónomos no proceso de creación do seu propio vídeo, pasando por todas as fases dun proxecto audiovisual. Durante a preproducción buscaremos a idea, a través de dinámicas de creatividade, aprenderemos as posiblidades que a linguaxe audiovisual nos ofrece para contar a nosa historia e veremos referentes de vídeos para coñecer outro xeito de narrar. Durante a rodaxe os participantes serán autónomos e poderán gravar cunha cámara facilitada por VideodinamizARTE e soamentes precisan traer o seu portátil para aprender un programa de edición e así realizar a montaxe do seu vídeo.

O obradoiro terá lugar na Aire, centro de arte, sito en rúa Caldedería 50 de Santiago de Compostela. Serán 25 horas repartidas en sesións de dúas horas, os luns de oito a dez, cun prezo de 60 euros mensuais suxeito a descontos se eres estudante, parado, autónomo ou xubilado.

Non precisas coñecementos previos co audiovisual, soamentes un nivel usuario de informática, e ganas de crear e explorar máis encadrando a túa vida! Agardamoste!