O proxecto das videocartas segue adiante
O proxecto Videocartas Galiza-Berlín que estamos levando a cabo estes meses en colaboración con Illa Bufarda segue avanzando. Logo de ter realizado o traballo na xeografía galega, entrevistando aos parentes dos participantes, dende O Grove a Monforte, pasando por Vigo, Ourense ou A Coruña, as vidoecarteiras temos xa a maleta chea de historias para levar a Berlín. Alí, a partires do catro de agosto e ata o quince, realizaremos o obradoiro cos participantes na fermosa galeria Bootsbau, en pleno centro da capital alemana. O sábado 16 será presentado nos Cines Babylon, poñendo así fin a parte do proxecto en terras berlinesas.
Pola nosa parte estamos moi contentas e emocionadas co desenvolvemento do proxecto. Coñecimos historias de vida interesantísimas que nos están a ofrecer múltiples e diversos puntos de vista sobre a emigración. Xa que o obxectivo de Videocartas Galiza-Berlín é crear diálogos da emigración entre diferentes xeracións e distintas realidades, empregando as videocartas, que aúnan o bo das misivas e o bo do audiovisual, comunicando realidades véndoas e escoitándoas. Subvencionado pola Unión Europea culminará coa presentación en Galicia alá polo mes de Outubro, onde agardamos poder compartir toda experiencia con todos vós.
[…] A primeira parte desenvolveuse pola xeografía galega durante o mes de Xullo, como ben vos fumos informando. No mes de Agosto estivemos na capital alemana realizando un obradoiro psicolóxico-audiovisual […]