VideodinamizARTE en Cotobade: A pegada do tempo

video-vidaNo marco da creación do punto de información virtual de Cotobade, para a posta en valor do patrimonio natural e histórico deste concello, xurde o novo proxecto de Videodinamizarte: A pegada do tempo.

O obradoiro, que se realizará en 6 sesións a partir do día 16 de abril, vai dirixido a tod@s aqueles veciñ@s da comarca e arredores que estén interesad@s en plasmar a súa ollada sobre o seu contorno.

Como se reflicte o paso do tempo ao teu redor? Que amosarías para ilustralo? Que pegadas suxerirías seguir a un visitante de Cotobade?

En torno a estas reflexións, e aportando as ferramentas do audiovisual e a psicoloxía para promocionar a creatividade que tod@s temos en nós, traballaremos as vindeiras semanas.
Dando como resultado unha peza audiovisual creada por cada un dos participantes como autores de tódalas fases: idea – rodaxe – edición.

Só necesitas as túas ganas e un ordenador portátil! O resto poñémolo nós. Animádevos a participar!! e divulgar se é posible!

A imaxe de Cotobade está nas túas mans!

Para máis información, horarios ou dúbidas, contactade: info@videodinamizarte.com