VideodinamizARTE é un proxecto pioneiro que aúna dúas disciplinas: o audiovisual e a psicoloxía para elaborar un produto cultural, empregando as potencialidades do vídeo en contextos de crecemento persoal, intervención social, cultural e educativa con diversos colectivos.
Videodinamizarte son:
- Obradoiros de videocreación
- Cada participante é autor dunha peza audiovisual
- Estimula o teu potencial creativo
- A través da expresión artística re-crea a túa realidade
- Dándolle uso á cámara que levas no peto
- Onde o proceso é tan importante como o resultado