Ana Seijo Cuba
As Pontes , 1982.
Ligada dende a infancia á música, estuda no conservatorio de grao medio da súa vila natal. A súa formación universitaria desenvólvese no campo da Psicoloxía, e unha vez licenciada coa especialidade en Clínica, continúa cos cursos de doutoramento en Psicoloxía Social, traballando no departamento correspondente como psicóloga forense e obtendo o DEA neste ámbito.
En 2008 combina a súa experiencia persoal na música coa súa formación en psicoloxía, estudando o Postgrao en Musicoterapia (ISEP, Barcelona). Dende esta disciplina traballa principalmente con colectivos con diversidade funcional.
A observación de que o contacto a través da música posibilita a apertura emocional das persoas, a comunicación do propio, o xenuino, lévaa a iniciar o camiño cara o desenvolvemento persoal tamén dende outras vertentes artísticas e baixo a perspectiva da psicoterapia Gestalt (2011-2014 Escola de Formación de terapia Gestalt Pañña). Na actualidade, a través do proxecto Alento, realiza acompañamento psicolóxico individual con adultos en Santiago de Compostela.
A idea compartida de que o acceso á parte creativa de cada persona promove unha mellora persoal co consecuente beneficio social, lévaa a colaborar con Sabela Pernas Soto xurdindo o proxecto VideodinamizARTE. Desde esta iniciativa investiga e traballa no campo da videoterapia creativa, aplicándoa a grupos de cara ao seu desenvolvemento persoal. Pertence á xunta directiva de aVERTe (Asociación Española de Videoterapia e Recursos Telemáticos).
Sabela Pernas Soto
As Pontes, 1983.
Cursou estudos na Escola de Imaxe e Son de A Coruña (Técnica Superior de realización de audiovisuiais e espectáculos). Estudou a licenciatura de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e o máster de Film Making na Kingston University en Londres.
Traballou como editora na Televisión de Galicia e en varias produtoras audiovisuais. No ano 2009 foi encargada xeral do Centro Coreográfico Galego. Actualmente é profesora en ciclos formativos de Imaxe e Son. Compaxina o seu labor docente coa creación de diferentes proxectos.
Dirixiu varias curtametraxes documentais e experimentais nos últimos anos, acadando diversos premios, como o premio Xuventude Crea aos novos creadores da Xunta de Galicia en dúas ocasións. As súas curtametraxes foron seleccionadas en diversos festivais nacionais e internacionais. Participou en diversos proxectos culturais e residencias artísticas de ámbito nacional. É membro fundador do colectivo de cineastas internacionais W.in.c films.
Nos últimos anos traballa unindo o audiovisual á psicoloxía, xunto coa psicóloga Ana Seijo Cuba, aplicando a videoterapia creativa a través de VideodinamizArte. Pertence á xunta directiva de aVERTe (Asociación Española de Videoterapia e Recursos Telemáticos).
Outras persoas que tomaron parte nos proxectos son:
- Alba Souto García, deseñadora gráfica, web e ilustradora, responsable do deseño gráfico e da web de videodinamizarte.com e do proxecto urbanismoemocional.com.
- Sol Álvarez Soto, licenciada en Belas Artes e Fotografía, responsable do deseño gráfico do Proxecto Rotopala.
- Lorena Nieto Iglesias, licenciada en Psicoloxía, facilitadora no primeiro obradoiro DinamizARTE guiando as dinámicas de creatividade e grupais.
- Tamara Soto Mato, licenciada en Comunicación Audiovisual, participou do obradoiro DinamizARTE como docente.
- Alicia Arias Raposo, licenciada en Comunicación Audiovisual, participou no obradoiro DinamizARTE como docente.
- José Varela Míguez, técnico audiovisual , participou no obradoiro DinamizARTE como docente da parte técnica e como apoio técnico da proxección do Proxecto Rotopala.
- Sandra Martínez Fernández licenciada en Psicoloxía e Educación Social, forma parte do proxecto Videocartas Galiza-Berlin.
- Adriana Pérez Villanueva licenciada en Comunicación Audiovisual, forma parte do proxecto Videocartas Galiza-Berlin.