Obradoiro “A pegada do tempo”

Pegada do tempo

Obradoiro que recolle as olladas persoais d@s veciñ@s de Cotobade sobre o seu contorno e o patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural desta zona.

Galería

Vídeos

A mirada do lobo

  • Autor: Manuel Fortes Besada
  • Sinopse: Recrea a caza do lobo que realizaban os veciños de Cotobade empregando os foxos, na súa obra A mirada do Lobo.

A pedra vive

  • Autor: Toñito das Laxas
  • Sinopse: Ponlle voz ás pedras que mellor coñece para descubrirnos todo un universo de personaxes.

Na roda da vida

  • Autor: Silvia Justo Fernández
  • Sinopse: Emprega o simbolismo do patrimonio natural e arqueolóxico para contarnos unha introspectiva mirada sobre o transcurrir do tempo.

Un paseo por pazos

  • Autor: Eva María Suárez Ogando
  • Sinopse: Invítanos a coñecer a súa parroquia a través da recolleita de diferentes estampas da vida cotiá.

O lavadoiro

  • Autor: Xoan Vidal
  • Idade: 59
  • Sinopse: Invítanos a unha reflexión sobre o pasado e o presente dos lavadoiros do concello a través da voz dunhas veciñas.