Nesta colaboración co Concello de Oleiros, levamos a cabo un obradoiro de videocreación centrado nas emocións e os valores de igualdade de xénero. Realizado en dúas fases, tivo como eixo fundamental o recoñecemento e aprendizaxe sobre a mensaxe das emocións. Na primeira parte as participantes foron autoras de cadansúa peza, mentres que na segunda o resultado foi unha peza colectiva, onde cada unha achegou o seu modo de entender algunhas das emocións básicas traballadas: Medo, Alegría, Tristeza e Afectos.