A realidade inmediata do barrio de Conxo é o contido sobre o que versou este obradoiro. Con participantes veciñxs do lugar, e outrxs que se achegaron a el dándolle a volta ao título, pasando a ser: “son así, miro aquí”. O fío conductor foron as actividades, paisaxes, comercios, persoas, e a historia do barrio. As persoas participantes do obradoiro foron autorxs e protagonistas á hora de retratar o espazo e compartir a súa ollada sobre o mesmo.
Galería
Vídeos
Conxo Mola!
- Autor: Alfonso
- Sinopse: un paseo polo barrio da man dos seus veciños. Conxo Mola!
Conxo agarrolo
- Autora: Inés Salvado
- Sinopse: Unha ollada deconstruíndo os espazos de Conxo.
A roda estática
- Autora: Raquel Enríquez Castro
- Sinopse: A miña visión do barrio de Conxo dende a bicicleta trata de reflectir as contradicións dun barrio cheo de contrastes.