Realizado no Centro da Muller Vagalume, orientamos este obradoiro de cara a unha revisión en positivo da historia persoal das mulleres participantes. Dándolles o protagonismo e a voz como narradoras da súa propia realidade, escollida de entre as moitas vivencias da súa historia vital. Cada unha delas contactou con que quería contar de sí mesma nese momento, e puido plasmalo neste caso a través de fotografías acompañadas de rexistro sonoro.
O material resultante non será compartido co público xeral, por petición expresa das participantes respectando a súa intimidade. Agradecemos a entrega de cada unha das mulleres no proceso.