Proxecto Rotopala

O Proxecto Rotopala  é unha reflexión sobre o patrimonio industrial e a reconversión económica e social de duas vilas mineiras a través da viaxe de dúas rotopalas (máquinas extractoras de carbón de gran tamaño).

Galería

Vídeos

O paso do tempo. Upływ czasu

  • Autor: Constantino Rodríguez Ramos & Michalina Maziaszek
  • Idade: 19 e 16
  • Sinopse: A longa historia dun pequeno fragmento de material que sucumbe ante o inexorable paso do tempo e de como a súa fin pode supoñer o principio dalgo novo nos terreos recuperados da mina.

Experimental. Dokumentalna Impresja

  • Autora: Natalia Vilas Pérez & Maciej Yoscielski & Sol Álvarez Soto
  • Idade: 18 e 20
  • Sinopse: A unión da música e a rotopala do xeito máis transgresor.

Andaina. Wędrowka

  • Autor: Sabina Soto Barro & Anna Czaplicka
  • Idade: 25 e 17
  • Sinopse: Carmen e Dolores cobran vida para contarnos a súa viaxe dende a mina de As Pontes á de Konin.

O amor é un deserto negro. Miłość czarną jest pustynią

  • Autor: Simón Caaveiro Fraga & Marika Sypnyewska
  • Idade: 20 e 30
  • Sinopse: Do remate da actividade mineira de As Pontes, relacionado co drama da emigración, a un recibimento e chegada a Polonia cunha visión máis positiva.

Dous lugares, duas historias. Dwa Miejsca, Dwie Historie.

  • Autor: Alberto da Silva Castro & Maciej Yościelski
  • Idade: 14 e 20
  • Sinopse: Un percorrido en bicicleta polas vilas de As Pontes e Konin.