Este obradoiro en formato breve, de oito horas de duración, permitiu aos veciños e veciñas de San Sadurniño, aproximarse ao proceso creativo audiovisual, tomando contacto co que querían retratar do seu espazo. A través dun plano aportado por cada un/unha configurouse unha peza que reunía todas as olladas dos habitantes cara o seu contorno reflectindo as súas vivencias.