Finalizado o Obradoiro “A pegada do tempo”
Finalizado o noso Obradoiro de Videocreación: “A pegada do tempo”, queremos primeiro dar as gracias a tod@s @s que o fixeron posible: A Citania Arqueoloxía, aos veciños do Concello de Cotobade, María Méndez… e aos que máis: Antonio, Silvia, Eva, Xoan, Sindo e Manuel, os participantes nesta proposta, sen eles non tería sido posible este traballo.
Os vídeos resultantes serán expostos na páxina do Punto de Información Virtual de Cotobade, que se presentará neste concello o día das Letras Galegas,17 de Maio. Poderédelos ver tamén máis adiante na nosa páxina.
As olladas persoais d@s veciñ@s de Cotobade sobre “A pegada do tempo” no seu contorno completarán así a información sobre o patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural desta zona que aparecerá no punto de información.
Son miradas persoais, dende a realidade que cada un deles vive e experimenta día a día no seu lugar de residencia ou procedencia. Unhas miradas únicas, daqueles que coñecen o seu espazo e viven alí o seu tempo.
Para nós foi un grande pracer compartir o noso traballo, aprender da experiencia e disfrutar deste marabilloso entorno que é Cotobade, animámosvos a visitalo e coñecer á súa xente, da gusto!!
Fenomenal traballo e monumental paciencia que tivestes moi digno de dúas profesionais que sodes Ana e Sabela moitas grazas
antonio ogando