A Educomunicación
Hoxe pareceunos convinte compartir con vós un concepto, a Educomunicación, ferramenta empregada para alcanzar a alfabetización audiovisual en contextos educativos.
A UNESCO, nunha reunión de expertos que se celebrou en setembro de 1979 en París, chegou á conclusión de que o concepto de educación en materia de comunicación incluía todas as formas de estudiar, aprender e ensinar a todos os niveis e en todas circunstancias a creación, a utilización e a avaliación dos medios de comunicación como artes prácticas e técnicas. Tamén o lugar que ocupan os medios de comunicación na sociedade, a súa repercusión social, as consecuencias da comunicación mediatizada, a participación, a modificación que producen no modo de percibir o papel do traballo do creador e o acceso aos medios de comunicación. Nacía asi a educación en comunicación ou Educomunicación.
A Educomunicación non só é unha educación que conta para as súas fins pedagóxicas cos medios de comunicación e as tecnoloxías da información, tamén considera que o receptor é tamén emisor, pois recibe e emite, analiza e produce. A Educomunicación nace e crece nunha aprendizaxe dialóxica que contén sempre as dúas dimensións: análise crítico e producción creativa. Estas dúas dimensións desarrollan unha secuencia de acción, reflexión e acción.
A UNESCO continuou nos anos posteriores perfilando e definindo a alfabetización audiovisual e multimedia para toda a cidadanía. Así no 2003, destacaba a importancia do factor humano como chave para o cambio e a transformación: “A educación en medios precisa dun novo humanismo que promova a creatividade, os mellores valores democráticos, o exercicio do pensamento crítico, o respecto e a creación de espazos propios para as minorías, así como a consideración de novos contextos de relación, convivencia e comunicación”.
Nestes días que se está a falar da exhibición de películas nas escolas e institutos galegos, parécenos convinte que todos e todas fagamos unha reflexión sobre o papel que o audiovisual ten na nosa formación e das moitas maneiras que hai para empregalo como ferramenta educativa.