Participación no Congreso Internacional de Xuventude

O pasado venres 25 de Outubro, Videodinamizarte tomou parte da mesa redonda que levaba por título “Panel de experiencias: emprendemento xuvenil”, dentro do Congreso Internacional de Xuventude organizado pola Xunta de Galicia na vila de Ribeira.
Poidemos compartir experiencias tanto cos asistentos ao acto, máis de 500 persoas, como cos nosos compañeiros de mesa. Alí estaban Paulo Vázquez da Asociación Sustinea, que traballan en temas de educación medioambiental; Alicia López que desenvolve a súa actividade en temas de asesoramento e xestión na cooperación internacional; Beni Pastoriza do sector do tempo libre, Jorge Gutiérrez, cofundador de Tinytien, plataforma de comercio electrónico; Javier Mouriño de Intermax Technology e Rodrigo Vázquez que desenvolve unha aplicación móvil chamada Wiimbo. O noso moderador na mesa foi o xornalista da Radio Galega Kiko Novoa.
Foi unha estupenda xornada, onde disfrutamos de compartir a enerxía que supón poñer en marcha o teu propio proxecto, falamos das diferentes situacións onde nos atopamos cada un e dos retos e plans para o futuro. Un luxo e un disfrute! Ánimo e sorte a todos e cada un deles!
Congreso Riveira