Achega unha visión diferente da túa empresa. Que achega á sociedade? Como a perciben os usuarios?
Ninguén sabe mellor que ti que é o teu proxecto, empresa, asociación… ¿en que se fundamenta? ¿que o diferencia dos demáis? Ti mesmo, como responsable da idea, podes poñer voz e imaxes ao que queres comunicar, elaborando unha peza audiovisual que o reflicta de xeito creativo e innovador.
Dalle voz aos usuarios, implicándoos na construción da imaxe que proxectas da túa idea. Quen mellor que eles para amosar os servizos que ofreces?
O resultado final – unha peza audiovisual que condense o que a túa idea/empresa/asociación achega á sociedade – será consecuencia dun proceso creativo onde, ben os usuarios ou ben ti coma responsable do proxecto, poñedes en xogo as potencialidades persoais e da vosa idea, de xeito que revirta na sociedade.
O formato audiovisual facilita a visibilidade e a difusión do teu proxecto!
Orientado a: asociacións e empresas públicas e privadas.
A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, visitou estes días diferentes actividades que se imparten dentro da Escola de Empoderamento Feminista. Estivo no obradoiro 'As mulleres que admiro' e no curso de autodefensa feminista que se realiza no CIM. pic.twitter.com/Yv7BUmZsub