A creatividade como necesidade humana

grupoDende a perspectiva humanista, percíbese ao ser humano como un todo integrado, de corpo, mente, emocións e espíritu, que tende a auto-realización.
Dentro desta concepción, o acto de creación é unha necesidade tan básica como respirar. Todos somos creativos e sentímonos impulsados a crear, xa que a creatividade é unha celebración da nosa propia grandeza como seres capaces de xerar algo único, persoal e intrasferible, algo auténticamente noso.

Existe un impulso interno que nos apremia a arriscarnos a proxectar a imaxe máis persoal e idosincrásica sobre os obxectos, as palabras e outros símbolos, a atoparnos co que nos rodea.
O creador toma contacto cunha realidade concreta fora da súa vida subxectiva e móvese hacia o reino do transcendente. No proceso de facer algo, de crear, unha persoa no só ilumina e ilustra a súa vida interior, senón que se coloca máis ala da expresión persoal para realizar algo significativo por sí mesmo.

Na medida en que o proceso creativo é unha vía para a resolución de integración de conflictos internos é terapéutico por sí mesmo. O audiovisual é considerado para nosoutras como un medio de expresión con moito potencial, á altura de expresións artísticas e asequible, gracias aos avances tecnolóxicos e a democratización do medio.

Por tanto os nosos obradoiros teñen como obxectivo o achegamento das potencialidades creativas de cada participante a través da elaboración dunha peza audiovisual, tomando conciencia sobre o feito de que na medida que miramos e encadramos a nosa realidade, nos miramos e encadadramos a nós mesmos.

Se che interesa explorar e explorarte con esta nova ferramenta psicolóxica-audiovisual, o noso próximo obradoiro comeza o próximo día 7 de Outubro en Santiago. Máis info: info@vidoedinamizarte.com