Curtametraxe seleccionada no FICMA

A parte “audiovisualera” de VideodinamizArte, Sabela Pernas, realizou este ano a curtametraxe Lasaña Nueva Delhi, xunto coa arquitecta Mari Carmen Carballeira e a enxeñeira química Tamara Coello. A unión de disciplinas deu como resultado unha peza que reflexiona sobre os actuais modelos de consumo e a xestión dos residuos electrónicos xerados nas sociedades occidentais.
A curtametraxe leva unha breve pero fructífera traxectoria en varios festivais. Logo de gañar o primeiro premio no certame Filmar para Cambiar, acaba de ser seleccionada na sección oficial nun dos festivais máis prestixiosos do xénero, o FICMA (Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente).
O festival celebra no 2013 a súa edición número 20, convertíndoo no festival máis antigo do mundo neste xénero. O FICMA abre unha fiestra para dar o audiovisual o papel de educar, sensibilizar e denunciar, ademáis de entreter. Celebrarase en Barcelona entre os días 1 e 10 de Novembro, e conta con sección oficiais de curtametraxes, longametraxes e curtametraxes documentais, ademáis de moitas máis actividades.
Máis información na súa web: www.ficma.com
82dd7f5b5128b47a26de1123593a36f1