Novo obradoiro. Prazo de inscrición aberto.
Dende o 3 de Outubro ao 19 de Decembro realizaremos un obradoiro de videocreación no Centro Sociocomunitario de As Pontes, A Coruña.
Coa intención de abrir o centro a novos e novas usuarios/as ofértase este obradoiro para achegar as novas tecnoloxías a aqueles interesados en expresar a súa creatividade a través deste medio.
Con este fin, durante as tardes dos xoves dos próximos meses, levaremos a cabo sesións encamiñadas a desenvolver as diferentes ideas creativas aportadas polos participantes, definir un plan de rodaxe e editar o material gravado por eles mesmos.
O obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas de 18 anos en diante, interesadas pola linguaxe audiovisual como medio de expresión persoal, por coñecer a ferramenta para poder editar os seus pensamentos e emocións, e traballar a creatividade que todos posuímos.
O prazo de inscrición comezou o 16 de Setembro no propio Centro Sociocomunitario das Pontes situado na Avda. Ferrol, 23 ao carón do parque municipal, a aceptación dependerá da orde de inscrición. Tedes máis información no taboleiro do centro, e para calquera consulta podedes poñervos en contacto con nós.
O prezo será de 25 euros por todo o curso, aproveitade esta oportunidade!!!



me interesaría inscribirme. ¿cual es el horario de inscripción? ¿La puedo hacer vía online?
Hola! te hemos contestado via mail: info@videodinamizarte.com, comprueba que no está en spam. Gracias y bienvenida!
quedan 2 prazas libres