Videodinamizarte no Curtopía
A próxima fin de semana do 28 e 29 de Setembro, levarase a cabo a nova edición do Curtopía realizado no Alg-a Lab en Valadares, Vigo, onde Videodinamizarte estará presente.
Alí presentaremos o Proxecto Rotopala – iniciativa que podedes consultar polo miúdo nesta mesma páxina baixo o apartado co mesmo nome – que en resumo consistiu na elaboración de varios obradoiros de videocreación para mozos a redor do tema do patrimonio industrial, vinculando as vilas mineiras de As Pontes (A Coruña) e Konin (Polonia), coas rotopalas “Carmen” e “Dolores” como fío conductor.
É unha boa oportunidade para coñecer de primeira man as interesantes iniciativas propostas polas diferentes asociacións que organizan esta mostra, con apartados como: Documentandoa a lingua, Mostra Webseries, Espazo aberto antimilitar, Mostra raias traveseiras… e na que nós apareceremos: Etnografías.
Así como moita música e festa!.
– instalación GOVI a balea mecánica, por parte de @tankollectiff acerca da conserveira de Massó e a Panificadora
– instalación permanente audiovisual interactiva por parte de Alg-a Lab (@mdmme & @man2hauser)
– intervención sonoro-poética @irenelasen
– concertos e furancho electrónico: Dr. Swinglove, ké percussion
– Obradoiro Creativo de Documental por Xes Chapela, máis información no Fb de Alga
Animádevos a participar, vémonos alí!