Participamos no congreso Humanizar la Educación en Bilbao
Esta fin de semana viaxaremos a Bilbao para participar no congreso Humanizar la Educación organizado pola Universidade do País Vasco coa colaboración da Fundación Claudio Naranjo. A finalidade deste evento consiste en xerar un espazo de dimensión humana para compartir experiencias de traballo, proporcionar vivencias técnicas orientadas ao autocoñecemento e estimular atitudes responsables e creativas que posibiliten humanizar a educación.
O sábado pola tarde presentaremos a nosa comunicación “Obradoiros de videocreación dende unha mirada gestáltica”, onde expoñeremos o noso método de traballo e a nosa experiencia con VideodinamizArte.
O congreso está dirixido a todas as persoas implicadas e comprometidas coa educación, independentemente do nivel, ámbito e rol que desempeñen. Persoas receptivas e que confíen en que o cambio comeza por un mesmo. Será unha oportunidade para coñecer realidades educativas xa existentes nesta línea e outras que poidan xerarse. Estamos moi de acordo cos obxectivos do congreso, que trata de recoñecer e potenciar a parte creativa dos actores implicados no proceso educativo, ademáis de experimentar vivencias no ámbito corporal, cognitivo e emocional. 


