Queres descubrir o que che diferencia?

A unión da psicoloxía e o audiovisual que propón VideodinamizArte da lugar a un novo obradoiro: VideoCV de potencialidades.
Aquelo que nos define non se detén na faceta profesional, senon que continúa coa persoal, enriquecéndose e nutríndose unha da outra. Botar unha ollada integradora a ambos aspectos dá unha dimensión máis ampla daquelo que podemos ofrecer á sociedade a través do noso traballo, convírtese así en algo único, persoal, intransferible, algo co que ninguén pode competir porque é esencialmente noso.
O obxectivo do novo obradoiro é explorar a túa creatividade a través da elaboración dunha peza audiovisual, onde plasmes as túas potencialidades (habilidades, capacidades, gustos,preferencias, aspectos positivos…) de cara a atopar os teus puntos fortes e diferenciadores respecto á competencia no mercado laboral. Tamén pode dirixirse á definición da personalidade do teu proxecto empesarial en fase de desenvolvemento.
Trátase de reflectir a través do teu Videocurrículum o que che diferencia, máis aló dos títulos que posúas. Unha mirada global de cada participante ou proxecto empresarial , dende a faceta profesional ate a persoal, integrando todo o que supuxo unha aprendizaxe ate o momento actual.
O obradoiro comezará a finais de Abril, e cunha duración de 30 horas, extenderase ata finais de Xuño. Levarase a cabo no novo espazo de coworking Doutroxeito en Santiago de Compostela. Terá un prezo de 60 euros ao mes. Nada máis que precisas un ordenador portátil e ganas de descubrir todo o teu potencial! As inscricións realizaranse a través do seguinte mail: chusprol@doutroxeito.com
Cartel final