Obradoiro para videocrear en Santiago
Volve o curso, volvemos nós. Comezamos a nosa oferta formativa en Santiago. E como cando se está a gusto non fai falla cambiar, seguimos a traballar no espazo Aire, centro de arte, que este ano, ten novidades nas instalacións. Máis espazos de traballo e novas socias para ofrecer moitas ideas para traballar a creatividade.
A nosa proposta comenzará en Outubro, serán 30 horas de obradoiro condensadas en tres meses, con dúas sesións de dúas horas semanais, os martes e xoves de 20 a 22 horas. Terá un prezo de 60 euros ao mes, suxeito a descontos para estudantes, parados, autónomos e xubilados.
O obradoiro leva por nome REFLEXOS, LUCES E SOMBRAS, porque dende a abordaxe psixolóxico-audiovisual que propón o noso proxecto son elementos presentes tanto no proceso de creación audiovisual como no psicolóxico. Así as proxecións, a sombra e o polo oposto: a luz, sirven como metáfora de realidades internas que nos levan a poñer atención no tema das polaridades.
A vida baséase nun sistema de opostos, non coñeceríamos a valentía sen ter coñecido o medo, a felicidade sen a tristeza, ou a luz sen a oscuridade. A medida que medramos, imos identificándonos con cualidades que pertencen a un dos polos, relegando á zona de sombra potencialidades que nos poden facer falla nun determinado momento. Explorar o outro polo, e flexibilizar o percorrido dentro de esa polaridade apuntando cara unha integración é a intención de abordar este tema no noso obradoiro.
Como todas as nosas propostas, os participantes serán autónomos no proceso de creación do seu propio vídeo, pasando por todas as fases dun proxecto audiovisual. Durante a preproducción buscaremos a idea, a través de dinámicas de creatividade, aprenderemos as posibilidades que a linguaxe audiovisual nos ofrece para contar a nosa historia e veremos referentes de vídeos para coñecer outro xeito de narrar. Na fase de rodaxe os participantes serán autónomos e poderán gravar cunha cámara facilitada por VideodinamizARTE e só precisan traer o seu portátil para aprender un programa de edición e así realizar a montaxe do seu vídeo.
O prazo de inscrición está aberto, para máis información a través do noso mail info@videodinamizarte.com, ou nos teléfonos de Aire 981 589 059/ 634 785 498. Anímate!