Proposta: Video de vida

vidaBota unha ollada á túa vida: pasado, presente e futuro. Como te ves? Como te presentas? Que pegada queres deixar?

Que momentos marcan a túa liña de vida? Dende que nacemos acumulamos miles de experiencias, algunhas fannos virar de rumbo, todas suman o que somos agora, outras axúdannos a ver o camiño futuro… Pon en orde as túas vivencias dun xeito creativo como forma de autocoñecemento.

Ven plasmar as túas experiencias vitais dunha forma creativa, elaborando a túa propia peza audiovisual como autor de tódalas fases do proceso!

  • Orientado a: persoas interesadas en reflexionar sobre a identidade; colectivos específicos; maiores e mozos en colaboración interxeracional, combinando o envellecemento activo coa aprendizaxe do legado persoal; asociacións, empresas ou institucións vinculadas a estes colectivos.