Próximo obradoiro en Ourense
A partir do día 23 de Febreiro temos a fortuna de poder colaborar dentro das “Aulas de igualdade” promovidas pola Concellería da Muller do Concello de Ourense.
Entendidas como un espazo formativo aberto, no que poder compartir ideas, afectos e inquedanzas dun xeito lúdico e vivencial a través de actividades grupais VideodinamizArte achega a súa metodoloxía, que combina a psicoloxía e o audiovisual, como medio para explorar a creatividade de cada un a través do vídeo, e nese proceso tomar conciencia de como miramos e nos miramos, a nós e as/aos que nos acompañan.
Todas as actividades propostas combinan a labor dun/dunha terapeuta coa dun/dunha experto/a noutra materia: teatro, movemento, fotografía…sempre promovendo relacións equitativas de xénero repectuosas coa diversidade.
A poboación destinataria son mulleres e homes do Concello de Ourense maiores de idade e interesados/as no obradoiro.
Aproveitamos dende aquí para agradecer e felicitar ás organizadoras polo cariño e profesionalidade do trato e o coidado posto na oferta.
Quedan moi pouquiñas prazas, así que animádevos e vémonos en Ourense!