Un exemplo de dinamización comunitaria: o Proxecto Rotopala
A misión de VideodinamizArte, a nosa razón de ser, xurde de varias necesidades que observamos ao noso redor:
· Por un lado, a necesidade de dar VOZ á poboación dun xeito directo e inmediato a través da EXPRESIÓN ARTÍSTICA
· Promover a creación, o feito de facerse AUTOR dunha obra co que implica de TOMAR CONCIENCIA sobre o que queremos contar e dende onde: disfrutar do PROCESO CREATIVO
· QUEBRAR A FENDA TECNOLÓXICA entre aqueles que non tiveron a oportunidade de achegarse á comunicación audiovisual polo desfase xeracional.
· DEMOCRATIZAR A COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL como un medio máis de expresión artística cercano a tod@s
· Crear unha CIDADANÍA ACTIVA a nivel social, que aporte as súas olladas sobre as cuestións que os rodean e incumben, promovendo a PARTICIPACIÓN SOCIAL DAS COMUNIDADES.
Como exemplo de todas estas misións compartimos con vós a noticia da Televisión Local das Pontes, que foi a comunidade dinamizada xunto coa vila polaca de Konin, a través do Proxecto Rotopala, resumido neste video.