VideodinamizArte en Barcelona!
VideodinamizArte foi seleccionada para participar nas “Xornadas Interacció: o valor público da cultura” que se celebran os días 8, 9 e 10 de Maio, organizadas pola Diputación de Cataluña e coa colaboración do CCCB (Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona).
O audiovisual que presentamos resume a proposta “Enerxía, Rodando, Acción!” presentada por VideodinamizArte conxuntamente con outras grandes profesionais: Reme Remedios, artista e xestora de Dosmilvacas.arte, espazo integrado para a creatividade e a arte, situado en Ponferrada e de María González Salvatierra, produtora e xestora cultural.
“Enerxía, Rodando, Acción!” combina a experiencia de VideodinamizArte coa xestión cultural para reflectir unha realidade observada nas zonas mineiras e industrias en reconversión (en concreto de As Pontes , Cervo – La Felguera – Bembibre). Con este proxecto pretendemos dar voz aos habitantes destas zonas creando un produto cultural a través do audiovisual, que os convirta en cidadáns activos na busca dunha identidade cara o futuro da súa comunidade, dende o persoal de cada un e facendo fincapé no proceso de creación como autores completos da obra audiovisual.
O innovador do noso proxecto foi recoñecido polos organizadores para estar presente, o día 10 de Maio ás 12.00 horas, da man doutros participantes como: FOMECC Fomento de Empresas Culturales y Creativas. Interarts; Redetejas & Entretejas, red de azoteas culturales. Sevilla; Zzzinc, investigación e innovación cultural… ademáis de charlas, debates e presentación de proxectos que terán lugar ao longo destes tres días.