Novos e bos Aires
Hoxe querémosvos presentar un espazo cheo de arte, creatividade e sensibilidade na cidade de Santiago de Compostela: Aire, centro de Arte, está dirixido por Neves Seara e todo o que alí se respira é nutritivo:
exposicións temporáis, clases de debuxo, pintura, fotografía, cine…
todo alentando a nosa creatividade para medrar a través da arte, dende pequenos a maiores.
Podedes ver máis información no seu magnífico fanzine aquí. E seguir os seus ventos a través de facebook e a súa páxina web.
Se non o coñecíades na súa antiga ubicación estades a tempo de ver os novos aires que toma agora na rúa Calderería, 50, 2º, e que mellor ocasión que facelo na inauguración do novo espazo este venres 13 ás 20.30!
En breve informarémosvos de onde nos leva o Aire!