Videocurriculum de Potencialidades: que che diferencia? que podes achegar?
Hoxe queremos presentarvos unha dos temas posibles a tratar nos nosos Obradoiros de Videocreación: o VideoCurrículum de Potencialidades.
Estes momentos de cambio/crise/oportunidade/renovación que estamos a vivir van acompañados da busca de novas formas de presentarse dentro do panorama laboral.
Os títulos, diplomas e horas de formación acumuladas xa non son suficientes para destacar de entre o resto de persoas que optan ao mesmo posto de traballo.
É necesario mirar un pouco máis aló: Que tes ti que non teñen os demáis? Que podes achegar dende a túa diferencia?
Aquelo que nos define non se detén na faceta profesional, senon que continúa coa persoal, enriquecéndose e nutríndose unha da outra. Botar unha ollada integradora a ambos aspectos dá unha dimensión máis ampla daquelo que podemos ofrecer á sociedade a través do noso traballo, convírtese así en algo único, persoal, intransferible, algo co que ninguén pode competir porque é esencialmente noso.
En todas as actividades que escollemos facer na nosa vida, onde preferimos invertir o noso tempo hai unha motivación que se pode vincular a unha habilidade persoal. Se toda a túa vida tocaches en grupos de música, tes habilidade para escoitar; se fixeches danza ou atletismo, presuponse unha capacidade de disciplina e esforzo; se fuches capitán dalgún equipo deportivo, podes manexar grupos e equipos de traballo…
Rescatar esas potencialidades é útil e necesario á hora de diferenciarnos no que podemos ofrecer, dende noso rol profesional.
VideodinamizArte parte sempre da premisa de que o audiovisual é un medio expresivo ao alcance de todos para comunicar o noso punto de vista personal e intransferible. Neste caso en concreto propoñemos que cada participante centre a súa mirada sobre sí mesmo para recoller nun videocurrículum todo aquello que o define: as súas potencialidades, habilidades, capacidades, gustos, preferencias, aspectos positivos, puntos fortes e diferenciadores respecto da competencia.
Para isto facilitamos o proceso de creación dende a xeración da idea ata a aprendizaxe das técnicas audiovisuais, para obter un material de autopromoción que poña en valor o que nos configura como profesional e persoa con algo único a ofrecer.
Se estades interesad@s nesta proposta non dubidedes en pedir máis información e mantédevos atent@s ás próximas noticias!



[…] Lembrádesvos do Videocurriculum de Potencialidades??? […]
[…] Lembrádesvos do Videocurriculum de Potencialidades??? […]
[…] Lembrádesvos do Videocurriculum de Potencialidades??? […]