VideodinamizArte no 2015. No camiño da Videoterapia.

Co comezo do novo ano, queremos compartirvos as nosas ideas de futuro, os diferentes camiños que temos a intención de explorar e abrir na nosa andaina.

Seguindo a liña que abrimos no congreso Humanizar la Educación organizado pola Universidade do País Vasco, UPV/EHU, xunto coa fundación Claudio Naranjo, continuaremos coa investigación, dando a coñecer a nosa metodoloxía de traballo a través de publicacións e comunicacións. Aquí vos deixamos un vídeo que rexistra a nosa intervención neste congreso en Bilbao, onde presentamos parte dun artigo que durante o próximo mes de marzo sairá publicado na revista Papeles de Arteterapia.

Por outra parte, seguimos cos Obradoiros VideodinamizArte, que próximamente se desenvolverán en Ourense dentro das Aulas de igualdade que propón o concello dentro das actividades organizadas polo CIM, así como no Concello de Cariño, onde a través da fusión da psicoloxía e o audiovisual facilitaremos un espazo de exploración persoal a través da creación audiovisual.

Animámosvos a estar pendientes das actividades que vos iremos comunicando e aproveitamos este primer post do ano para desexarvos un moi feliz 2015, que veña cargado de ideas, proxectos e creacións!

0_5927_4_2